Dideco

Rosa Caramelo

16,00€
16,00€
Consulta disponibilidad en tu tienda habitual.
Listado de tiendas Dideco.
  • Envío gratuito a partir de 60 euros.
  • Recíbelo en 48 horas. (Entregas en Península)
  • Recogida y devolución en tienda gratis.
  • Más sobre nuestra política de devoluciones
  • ¡Sé el primero en valorarlo!

    ¡Compártelo!

    Aillada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin poderá descubrir o significado da liberdade e abrirlle o camiño da igualdade ás súas compañeiras. Nos anos 70 Adela Turin comezou a publicar en Italia a colección «Dalla parte delle bambine», que pouco despois editou Esther Tusquets en España co título «A favor de las niñas». Traducida a varias linguas, converteuse nun referente para a coeducación e a igualdade. «Rosa caramelo» é unha das obras máis emblemáticas desta serie tan vixente e necesaria. Margarida e outras pequenas elefantas viven ailladas nun xardín de anémonas e peonias; o alimento para conseguiren un aspecto físico caracterizado pola cor rosa caramelo da súa pel, que reforzan lucindo zapatos, lazos e colares do mesmo ton. Todas cumpren as expectativas dos seus pais e nais agás ela, que sofre os reproches dos seus proxenitores ata que estes desisten de que sexa coma as demais. Baixo esta historia fabulada subxacen cuestións como un superficial culto á imaxe, ou a crítica a unha sociedade que predestina o futuro dos seus individuos e clasifícaos en función do seu xénero. Pero sobre todo, é un canto á liberdade, aderezado coas ilustracións de Nella Bosnia, que potencian a mensaxe do texto a base de figuras realistas e cores vivas. Un relato -como en «Artur e Clementina», «A historia dos bonobos con lentes» e «Unha feliz catástrofe»- para pór en valor o rol feminino, erradicar os estereotipos sexistas e a discriminación, para cambiar mentalidades e construírmos un mundo mellor.

    Características
  • Referencia: ZKL-4647997
  • ISBN: 9788484647997
  • Editorial: Kalandraka
  • Autor: TURIN, ADELA
  • Cuéntanos tu opinión
    ¡Sé el primero en valorar este producto!

    Debes iniciar sesión para poder valorarlo