Dideco

Por que?

16,00€
16,00€
Consulta disponibilidad en tu tienda habitual.
Listado de tiendas Dideco.
  • Envío gratuito a partir de 60 euros.
  • Recíbelo en 48 horas. (Entregas en Península)
  • Recogida y devolución en tienda gratis.
  • Más sobre nuestra política de devoluciones
  • ¡Sé el primero en valorarlo!

    ¡Compártelo!

    Fronte á barbarie da guerra, un libro visual que alenta as persoas a seren promotoras do diálogo, da tolerancia, da convivencia e da paz.

    O despropósito da guerra, a violencia, a vinganza, a devastación e a morte asómanse en toda a súa crueza ás páxinas deste libro visual; unha fábula que comeza coa bucólica estampa dunha ra gozando do arrecendo dunha flor, ata a irrupción dun rato que a ataca para quitarlla. Xorde daquela unha loita entre dous bandos cada vez máis numerosos en individuos e medios bélicos que dá lugar a emboscadas e bombardeos. Dun prado florido, a un lugar desolado; dunha minucia, a un gran conflito sen mediar nin unha soa palabra.

    A Segunda Guerra Mundial deixou unha fonda pegada na nenez de Nikolai Popov: o avance do exército nazi sobre a Unión Soviética, as bucinas marcando a apresurada fuxida da poboación aos refuxios, xogar entre os restos das bombas sen comprender o seu efecto letal ata que unha estalou nas mans doutro neno, o recordo dos soldados mutilados volvendo trala rendición alemá? Pero sería a obra de Tolstoi, Dostoievski, Hemingway e Remarque o que decantou a ideoloxía pacifista do autor de ?Por que??.

    Esta edición de KALANDRAKA recupera a versión orixinal da obra, sen texto. Porque as ilustracións, de estilo clásico, teñen un gran poder comunicativo e narran visualmente a historia, ata extremos sorprendentes pola súa capacidade para reflectir o galopante delirio militarista e destrutivo. Fronte á barbarie, o propio autor alenta os lectores a seren promotores do diálogo, da tolerancia, da convivencia e da paz.

    Características
  • Referencia: ZKL-4643678
  • ISBN: 9788484643678
  • Editorial: Kalandraka
  • Cuéntanos tu opinión
    ¡Sé el primero en valorar este producto!

    Debes iniciar sesión para poder valorarlo