Dideco

Cousiña Linda

16,50€
16,50€
Consulta disponibilidad en tu tienda habitual.
Listado de tiendas Dideco.
  • Envío gratuito a partir de 60 euros.
  • Recíbelo en 48 horas. (Entregas en Península)
  • Recogida y devolución en tienda gratis.
  • Más sobre nuestra política de devoluciones
  • ¡Sé el primero en valorarlo!

    ¡Compártelo!

    Unha das obras imprescindibles de Anthony Browne, un álbum tenro e con doses de humor sobre o valor da amizade e a solidariedade. 

    En 1974, Koko, unha gorila adestrada na Universidade de Standford para usar a lingua de sinais, pediulles un gato aos científicos que a observaban e coidou del coma se fose o seu fillo. Uns meses despois o gato desapareceu e durante varios días Koko expresou a súa tristura a través de sinais. Este feito, que provocou a discusión sobre se outras especies poden sentir emocións humanas, serviulle de inspiración a Anthony Browne para a creación dunha das súas obras máis coñecidas.

    En Cousiña Linda, como o caso real, un gorila que sabe comunicarse por sinais, e ten todo o que desexa, séntese só e decide pedirlles aos seus coidadores un pouco de compañía. Así coñece a Linda, unha gatiña coa que toma leite e mel, pasea, xoga... Xuntos son felices, mais unha noite, mentres ven unha película, o gorila ponse moi nervioso, enfurécese, e os seus coidadores deciden separalos. Nese momento, Linda mira para o gorila e na súa reacción revélase o verdadeiro valor da amizade.

    Anthony Browne sente unha gran paixón polos gorilas, e esa fascinación, que xorde do contraste entre a forza e a tenrura destes animais, reflíctese en boa parte da súa obra. Nas coloridas ilustracións deste álbum, combina elementos realistas cun toque de fantasía
    e humor, dando vida a dous entrañables personaxes.

    Características
  • Referencia: ZKL-3433080
  • ISBN: 9788413433080
  • Editorial: Kalandraka
  • Autor: BROWNE, Anthony
  • Cuéntanos tu opinión
    ¡Sé el primero en valorar este producto!

    Debes iniciar sesión para poder valorarlo